Un Xuven lastrado polas lesións visita ó Narón

CAMBADOS> Jesús Díaz del Río recaeu da lesión no nocello e Manu Fernández estará un mes de baixa. Juan Mato e Taylor García non chegan ós 100%.

{flowplayer}images/salnes/Xuven_010312.flv{/flowplayer} 

Están a chegar as lesións ó Establecimientos Otero que cada vez sufre máis contratempos neste aspecto. Os problemas no nocello de Jesús Díaz del Río continúan tras sufrir unha recaída a semana pasada ante o Rosalía. É baixa segura para o sábado, ó igual que Manu Fernández que rompeuse dúas costelas no adestramento do martes e terá que estar un mes de baixa.

Sen escolta, sen aleiro e co base titular tamén tocado, xa que unha fascitis plantar está a mermar o estado físico de Taylor García. O outro cubano, Juan Mato, tamén arrastra molestias no muslo dereito.

O obxectivo polo tanto é recuperar a toda esta xente para que chegue en perfectas condicións ó playoff, toda vez que a directiva decidiu non reforzar ó equipo. Iso si, os cambadeses queren ser primerios de grupo e iso pasa entre outras cousas por gañar ó Narón, terceiro pola cola na xeral.

Yago Casal avisa de tratar con respeto a un rival que suma catro victorias nos últimos cinco encontros, unha delas moi meritoria, na pista do segundo clasificado, o Recinor Ferrol.

O maior perigo do Narón é o seu pivot Marcos Sanesteban, MVP da Liga con 18 puntos e case 13 rebotes por partido, de longo o mellor valorado da competición, con 27,5 puntos por encontro, 10 máis que o segundo neste apartado. Xunto a el Rubén Pino e Pablo Martínez, son o sustento do equipo. O resto, baixan moito o nivel.

O Narón ten a peor porcentaxe en lanzamentos de tres puntos da competición cun 26% de acerto, son o segundo equipo que máis balóns perde e o que menos rouba. Das cousas positivas, o seu poder reboteador, o mellor da liga só superado polo do Estudiantes.

Redacción Salnés