A Xunta axilizará os pagos a 45 días

    SANTIAGO> Esta mañá, como cada xoves, celebrouse un novo Consello do Goberno Galego no que se acordou implantar unha medida de pronto pago

    {flowplayer}images/salnes/consello_xunta_08032012.flv{/flowplayer}

    … por parte da Xunta de Galicia. Este anuncio é un dos máis agardados polas empresas que traballan para o executivo autonómico que verán nesta decisión un desafogo para as súas apertadas economías.

    Con esta acción, a Xunta destaca como unha das administracións públicas a nivel nacional que cumpre mellor cos seus pagamentos pendentes á empresas privadas que traballan para a Autonomía.

    Esta medida levará parella un control férreo dos entes públicos dependentes da Xunta de Galicia que deberán responder sobre a súa productividade.

    Redacción Salnés