Presentan a VI Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía

bateiscopy.jpgVILAGARCÍA> Este sábado o peirao de Vilaxoán será de novo o escenario da VI Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía. Esta mañá a Presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e o Presidente do Club de Remo Vilaxoán, Feliciano Suárez, foron os encargados de presentala regata.

{flowplayer}images/salnes/BANDEIRA_BATEIS_080312.flv{/flowplayer}

Ó redor dos 700 remeiros duns 15 clubs da provincia de Pontevedra daranse cita este sábado en Vilaxoán con motivo da celebración da VI Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía. Sete categorías competirán nesta ocasión por acadalo podium.

Pola súa banda, a Presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Malvar, confesou que van manter a colaboración do Porto de Vilagarcía co club no seu afán de apoialos deportes náuticos. Ademais, coincidindo coa celebración do día da muller traballadora, felicitou ó club pola súa labor de promoción do deporte feminino.

A regata terá lugar o sábado ás catro da tarde e terá unha duración de dúas horas e media. Ó termo da mesma procederase á entrega dos trofeos.

Redacción Salnés