Os catro edís do BNG de Ribeira presentaron a súa renuncia

    renunciaedisbngribeira.jpgRIBEIRA> Xosé Luís Groveiro, Ánxeles González, Luís Teira e Mari Carmen Lampón argumentan motivos persoais para xustificar a súa marcha.

    {flowplayer}barbanza/renunciaedisbngribeira.flv{/flowplayer}

    A renuncia dos catro edís do grupo municipal do BNG: Ánxeles González, Luís Teira, Mari Carmen Lampón e Xosé Luís Groveiro, responde en palabras deste último, at ao dea gora portavoz municipal, a razóns meramente persoais. Segundo Groveiro foi unha decisión que veñen madurando dende hai varios meses, tratando de desligala dos problemas internos que vive o partido a nivel galego que provocou a marcha, primeiro de Encontro Irmandiño e posteriormente de Esquerda Nacionalista e Máis Galiza. Aínda así, dende fóra, todo parece indicar que non se dá tal normalidade e que foi esta última circunstancia, os problemas internos de partido, a que propiciou a súa renuncia, unida a un descontento xeral e a unha falla de ánimo. De tódolos xeitos anunciou que non abandonarán o partido e que seguirán nunha segunda liña axudando ós seus compañeiros no traballo municipal Tras presentar a súa renuncia no concello, da que se dará conta no próximo pleno, e unha vez cumpridos tódolos trámites legais, serán substituídos por Antón Parada, Dores Vidal e Luís Pérez Barral, actuando coma voceiro municipal Xosé Antón Vázquez Cobas.

    Renovación consello local

    Aproveitouse tamén a celebración da asemblea local, na que se nomeou ós integrantes que formarán o novo grupo municipal, para proceder tamén á renovación do seu consello local que estará formado por Vicente Paz Carou coma responsable Local, ó que acompañarán en diferentes cargos internos Dores Vidal, Xosé Antón Vázquez Cobas, Silvia Varela, Antón Parada, Luís Pérez Barral, Dominga Brión, Xavier Seco, Tareixa Prol, Luís Teira e Xosé Luís Groveiro.

    Redacción Barbanza