Detidos dous ribadumienses tras descubrir un cultivo de marihuana

    PLANTACIONMARIHUAANok.jpg RIBADUMIA> Impútaselles un delito contra a saúde pública, a un como propietario da plantación e a outro como comprador-vendedor das plantas.

    A Garda Civil de Cambados detivo a J.R.Ch. de 49 anos e R.A.N. de 30, ambos veciños de Ribadumia, como presuntos aouteores dun delito contra a saúde pública logo de descubrir unha plantación de marihuana nunha finca da localidade.

    A zona de cultivo estaba situada nun zulo construído no chan dun galpón. A estancia dispoñía de parede construídas en formigón e forradas cunha manta de cor prata reflectante para reproducir as condicións idóneas para o desenvolvemento das plantas, en total 41. Segundo informa a Garda Civil, os vexetais pesaban algo máis de oito quilos, así como uns sete quilos e medio de ramas secas e unha caixa de cartón chea de cogollos cun peso de más de catro quilos.

    Durante o rastrexo da zona, os axentes descubriron outra estancia na mesma finca con dúas habitacións máis habilitadas para o cultivo de plantas de marihuana. Nunha delas atoparon catro plantas aínda sen aflorar.

    Como parte do operativo, as forzas do orde incautáronse tamén de diverso material para o coidado da plantación, como 12 transformadores, 2 cadros de luz, 4 temporizadores, 5 regletas, 2 deshumidificadores, 3 ventiladores, 12 lámpadas de 600 vatios, unha báscula así coma abonos e aparellos para regar.

    J.R.Ch. está considerado o propietario da plantación, mentres que a R.A.N. atribúeselle a tarefa de comprar e vender os vexetais que alí cultivaban.

    Redacción Salnés