O BNG abre o camiño cara a moción de censura

autorizacionmocioncensuramuros100.jpgMUROS> A asemblea celebrada polo BNG de Muros abre a porta a unha posible moción de censura.

{flowplayer}barbanza/autorizacionmocioncensuramuros.flv{/flowplayer}

O BNG de Muros celebrou o pasado sábado unha asemblea local na que acordou por ampla maioría autorizar ó grupo municipal a iniciar as conversas co PP para a posible presentación dunha moción de censura.

O primeiro paso será manter unha reunión coa executiva nacional do partido para explicarlles as razóns que levan a agrupación a plantexar esta posibilidade. Os nacionalistas consideran que en Muros estanse a dar circunstancias excepcionais que xustificarían esta moción polo que agardan contar coa autorización da dirección do partido, que inicialmente non se amosa partidaria de facilitar alcaldías ó PP.

Inicio conversas

De xeito paralelo ó diálogo coa executiva iniciaranse as conversas co PP que sempre se manifestou aberto a negociar. Do resultado desas negociacións dependerá o futuro de Caridad González á fronte do concello de Muros. Segundo os grupos da oposición, a súa actitude e especialmente a súa xestión económica, que cualifican de nefasta, avalan a necesidade de afastala do cargo para garantir a viabilidade futura do concello.

Así as cousas, haberá que agardar a ver se frutifican as conversas entre os dous grupos da oposición co que se reeditaría o pacto entre as dúas forzas políticas que xa integraron o goberno local durante a anterior lexislatura.

Redacción Barbanza