‘Reflexionar en clave de humor sobre a crise’

manuel_botana100.jpgVILAGARCIA> A isto nos invita a compañía de teatro viguesa Fulano, Mengano e Citano no seu último espectáculo: ‘Viva a crise’.

{flowplayer}images/salnes/teatro_viva_crise.flv{/flowplayer}

O vindeiro día 24 ás nove da noite representarán esta obra no Auditorio de Vilagarcía. Como o título indica, o guión versa sobre a crise, e durante unha hora e 20 minutos convidará ó público a reflexionar sobre ela, pero en clave de humor.

Fulano, Citano e Mengano leva 18 anos facendo teatro, sempre con Galicia e a súa realidade social como referente.

Os seus actores convidaron ó público a asistir á obra para superar estes momentos amargos cun sorriso. As entradas venderanse de xeito anticipado ou no mesmo día a 5 euros para a zona A e a 4 para as butacas da B e C.

Redacción Salnés