A Ruta do Viño Rías Baixas presenta o seu Pasaporte Especial Semana Santa

    pasaporte_ruta_vinocopy.jpgPONTEVEDRA> Trátase da última iniciativa posta en marcha por este organismo co obxectivo de promocionalo atractivo da Ruta.

    {flowplayer}images/salnes/RUTA_RB_SEMANA_SANTA.flv{/flowplayer}

    Pasaporte Especial Semana Santa. Este é o nome da nova iniciativa que ven de pór en marcha a Ruta do Viño Rías Baixas de cara a promocionalos atractivos da mesma durante esta época do ano e conseguir así gran afluencia de visitantes. Deste xeito, todos aqueles que dispoñan dunha destas credenciais poderán gozar de 55 propostas diferentes que ofrecen os 39 establecementos participantes do Salnés, Ribeira do Ulla e O Rosal.

    Entre as propostas que se ofrecen inclúense prezos especiais en restauración, visitas gratuítas a adegas, obsequios de regalo e grandes descontos. O único que terá que facer o visitante é descargalo pasaporte na páxina web da ruta ou adquirilo en cada destino e contactar previamente con eles. Unha vez alí cada entidade será a encargada de selar a nosa credencial.

    E para coñecela Ruta antes de visitala e de maneira sinxela, este organismo ven de por en marcha unha Guía Móbil. Trátase dunha aplicación móbil a través da cal se pode acceder a toda a información sobre establecementos, patrimonio ou recursos gastronómicos das Rías Baixas.

    Redacción Salnés