Iníciase a Mesa do Viño na DO Rías Baixas

    mesa_vinocopy.jpgPONTEVEDRA> Adegueiros, cooperativistas e sindicatos agrarios reuníronse esta mañá co Delegado Territorial na Delegación da Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/MESA_VINO_210312.flv{/flowplayer}

    A Delegación da Xunta en Pontevedra foi o escenario escollido para a celebración do inicio da Mesa do Viño na Denominación de Orixe Rías Baixas, convocada polo Delegado Territorial a petición de varias adegas, cooperativas e sindicatos agrarios. Dado o vencemento, na campaña pasada, dos contratos homologados que estipulan o prezo da uva, o obxectivo desta xuntanza era debater a posta en marcha dun novo documento para o período 2012-2015.

    Mentres Cores Tourís asegurou, a través dunha nota de prensa, que foi unha reunión construtiva, Unións Agrarias confesou non entender a finalidade da reunión cando, resaltaron, a Consellería do Medio Rural e do Mar aínda non cumpriu os seus compromisos do ano pasado.

    Por iso, desde Unións Agrarias pediron á Xunta maior rigorosidade e seriedade. Entende que o goberno autonómico debe tomar un papel activo. Entenden, ademais, que hai dúas ferramentas claras: o anticipo e a discriminación positiva á hora das axudas que veñen percibindo as adegas que fan contratos homologados.

    Polo de agora, o delegado territorial emprazou ó sector a reunirse de novo o 9 de abril de cara a pór xa propostas sobre a mesa. Dado que a situación é diferente á de fai tres anos, todos entenden que agora se enfronta a un novo escenario. Para Unións Agrarias, a mellor alternativa pasaría pola instalación dun sistema de indesación de maneira que o prezo da uva poida varias cada ano en función dunha serie de factores condicionantes.

    Lembrar que os contratos para as campaña 2009, 2010 e 2011 baseouse no grado de alcohol e en total asináronse 1200 contratos con 43 adegas, o que afectou a 5474 parcelas.

    Redacción Salnés