Malestar en Rianxo ante o inminente traslado do mercadiño

    trasladomecadorianxo100.jpgRIANXO> O traslado do actual mercadiño ambulante dende a zona portuaria ó Campo de Arriba está a levantar unha certa polémica na vila.

    {flowplayer}barbanza/trasladomercadorianxo.flv{/flowplayer}

    Van alá varias semanas dende o anuncio por parte do executivo rianxeiro do inminente traslado do mercadiño ambulante, que se celebra na vila tódolos mércores e domingos, dende a zona portuaria, a carón do auditorio municipal ó campo de arriba.

    A medida segue a manter divididos a comerciantes e hostaleiros, uns a favor e outros en contra. Aínda así e no caso dos propios vendedores ambulantes, principais afectados, a postura parece máis unánime, e a maior parte deles amósanse reacios ó cambio.

    A opinión dos propios veciños tamén é do máis variada, aínda que a maioría ven cos bos ollos o traslado.

    Decisión firme

    Nas proximidades ó actual mercadiño, nas rúas do propio casco vello, en comercios e bares aínda poden verse nos escaparates os carteis en contra do traslado. A maioría dos comerciantes e hostaleiros seguen posicionándose en contra do traslado, aínda que son consciente de que a decisións xa non ten volta atrás.

    Haberá que agardar pois ás próximas semanas, unha vez que o concello inste ós vendedores a abandonar a actual ubicación e trasladarse para o campo de arriba. Será entón cando uns e outros, tanto os que están a favor coma os que están en contra, valoren a idoneidade ou non do cambio.

    Redacción Barbanza