A seca está a provocar brotacións temperás en Rías Baixas

    problemas_secacopy.jpgSALNÉS> Cando menos así o aseguran técnicos e viticultores. Con todo, o sector confía en que a choiva faga a súa aparición.

    {flowplayer}images/salnes/PROBLEMAS_SECA_VINAS.flv{/flowplayer}

    Non existe precedente de invernos tan secos e técnicos e viticultores de Rías Baixas comezan a temer que a seca poida acabar afectando á futura colleita. Ata o de agora o sector estaba tranquilo. A planta estaba en parón vexetativo grazas, en parte, ás baixas temperaturas que se rexistraban polas noites. Agora, a continua falta de choivas e a suba dos termómetros está a traer as primeiras consecuencias.

    Ademais de afectar á disolución dos abonados, o que está provocando esta situación é que se está adiantando a brotación nalgunhas parcelas. Circunstancia nada positiva segundo Emilio Lemos porque, sinalou, aínda poden vir baixas temperaturas que danen ó brote.

    E ante esta adiantada brotación, este experto aconsella aplicar algunha protección fitosanitaria nos brotes para previla infección de enfermidades como a excoriose. Consellos ós que se suman desde a Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Desde este centro de investigación alertaron, ademais, esta semana da maduración da oospora de mildiu que é, segundo os expertos, o punto de partida para un novo ciclo deste fungo. Neste caso, aínda non é necesario aplicar tratamentos.

    Con todo, o ideal sería que comezase a chover o que retrasaría un pouco a brotación e evitaría o risco de perdelo brote. Viticultores e adegueiros confían que finalmente a auga faga a súa aparición.

    Pola súa banda, desde Unións Agrarias volveron denunciar esta semana a situación alarmante que se está a vivir en Galicia con motivo da seca. José Ramón González, membro do sindicato, resaltou que é preciso que a Consellería do Medio Rural e do Mar tome medidas xa.

    Redacción Salnés