SANXENXO> Xa abriu as súas portas a primeira tenda da marca Artesanía de Galicia, situada na Casa de Don Fernando, en Portonovo.
{flowplayer}images/salnes/tenda_artesania_portonovo.flv{/flowplayer}
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, e mailo conselleiro de Economía, Javier Guerra, inauguraron este espazo o sábado.
Neste ‘cofre dos tesouros’, como lle chamou Javier Guerra, pódense adquirir pezas de 48 artesáns inscritos no Rexistro xeral de Artesanía da Xunta. É a primeira tenda oficial desta marca en Galicia e desde a Xunta e desde o Concello pretenden que sexa a orixe dunha acción económica importante.
Nesta tenda piloto están representados sectores tan variados como o da cerámica, a olería tradicional, o encaixe, a xoiería, a cestería ou o vidro. Tamén teñen un oco as redeiras artesás de Portonovo, que amais de comercializar os seus productos, colaboraron na decoración da tenda. Un establecemento que quere ser máis que un museo destes productos.
O proxecto foi posto en marcha pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración co Concello de Sanxenxo.
Redacción Salnés