Muebles O Queimado estrea instalacións para mellorar o servizo

inauguracionmoblesoqueimado100.jpgMUROS> Muebles O Queimado acaba de inaugurar as súas novas instalacións, de cinco mil metros cadrados, no parque empresarial de Muros.

{flowplayer}barbanza/inauguracionmoblesoqueimado.flv{/flowplayer}

A pesar da difícil conxuntura económica, Muebles O Queimado vén de realizar unha importante inversión nunha clara aposta por mellorar o servizo ós seus clientes.

Este fin de semana inauguraron as súas novas instalacións situadas no parque empresarial de Muros ó carón da estación de servizo de Repsol. Alí, ó longo de preto de cinco mil metros cadrados dispoñen de cociñas, dormitorio, comedores, unha área de tapicería e descanso, mobiliario, electrodomésticos e todo tipo de artigos de decoración e regalo para os seus clientes.

Longa traxectoria

Esta aposta pola innovación e a calidade non fai máis que engadir un novo escalón á longa traxectoria desta empresa con máis de corenta anos de experiencia no sector. De aí, que conte cun equipo de profesionais especializados tanto en deseño como en montaxe e instalación. Ademais da excelente calidade tanto en produto como o servizo, Muebles o Queimado destaca polos seus interesantes prezos e condicións de financiamento.

Os inmellorables prezos e a exclusividade dos produtos que ofrece é posible a través da xestión que realiza nos dous grupos de compra dos que foi fundador: Mobelrías, que na actualidade constitúe o primeiro grupo de mobles de toda Galicia, e UGESA, Unión Galega de Electrodomésticos, que constitúe á súa vez o grupo nacional TIEN 21.

Redacción Barbanza