Evacúan a Xunta en dez minutos nun simulacro de incendio

    simulacro_xunta100.jpgPONTEVEDRA> Ás dez da mañá empezaron a soar as alarmas na sede da Xunta en Pontevedra. Un incendio no quinto andar …

    {flowplayer}images/salnes/simulacro_xunta_280312.flv{/flowplayer}

    … mobilizou ós servizos de emerxencia da cidade e obrigou a evacuar todo o edificio. Pero todo respondeu a un simulacro.

    En dez minutos, un máis que no anterior simulacro, o edificio da Xunta quedou totalmente desaloxado. Nese intre había dentro 770 funcionarios máis 300 cidadáns, que resignados, viron como se lles atrasaba a xestión que tiñan previsto facer. Neste simulacro tamén houbo que contar a cafetería, que non estaba operativa no anterior, e a gardería, na que houbo que evacuar a 23 nenos e 6 traballadoras.

    O simulacro foi organizado pola sección de Prevención de Riscos Laborais, adscrita á Xefatura territorial de Presidencia, dentro do plan anual de prevención.

    Redacción Salnés