Cambados adianta a festa da bicicleta para ‘Unirse á Vota’

cambadoscultural copia.jpg CAMBADOS> É unha das novidades do programa cultural para primavera, que comeza o luns cunha xornada dedicada ós libros e ó Autismo.

{flowplayer}images/salnes/PROGRAMACION_PRIMAVERA_CAMBADOS300312.flv{/flowplayer}

‘Únete á Volta’. É o lema da Festa da Bicicleta que organiza este ano o Concello de Cambados. Nesta edición número 21 esperan superar os 2.500 participantes, unha cifra de récord coa que se pretende animar ós cambadeses de cara a etapa contrarreloxio da Vuelta Ciclista a España, que sairá de Fefiñáns en agosto. Ademais nesta ocasión a festa da bicicleta cambia de data e celebrarase, en vez do 1 de maio, o día 6, con saída ás 11 da mañá desde Fefiñáns.

A festa da bicicleta forma parte do programa Cambados Cooltural para esta primavera. As actividades arrancan este luns 2 de abril, xornada que se dedicará ós libros infantís e ó Autismo.

O programa de primavera inclúe contacontos na biblioteca, cursos na Merced, exposicións en Torrado, teatro para bebés e festival de curtas no Auditorio, xornadas no Salón Peña e outras actividades no Salón da Sociedade Cultural de Cambados.

O Concello repartirá a vindeira semana 3 mil exemplares deste programa de peto nos colexios, centros culturais e locais de Cambados.

Redacción Salnés