Continúa grave o motociclista accidentado en Abanqueiro

    accidentemotoboiro.jpgBOIRO>accidente tiña lugar na estrada de Abanqueiro, concretamente na recta de Seán.

    {flowplayer}barbanza/accidentemotoboiro.flv{/flowplayer}

    O suceso tiña lugar ó redor das doce da mañá do domingo na estrada de Abanqueiro, á altura da recta de Seán. No accidente resultou ferido grave un veciño da localidade, con iniciais M.B.F. de 37 anos de idade, que circulaba na súa motocicleta en dirección a Boiro

    As causas do accidente descoñécense polo de agora, pero todo apunta a que o condutor da motocicleta perdeu o control da mesma, empotrándose contra unha farola.

    Gran aparatosidade

    O accidente foi dunha gran aparatosidade e a motocicleta acabou partida en dúas metades, quedando unha das partes a varios metros de distancia do lugar do choque.

    Pronóstico reservado

    O accidentado, despois dunha primeira atención no lugar do accidente, foi trasladado nunha ambulancia do 061 ó Hospital do Barbanza e, finalmente, derivado ó Hospital Clínico Universitario de Santiago, onde permanece ingresado a día de hoxe con pronóstico reservado.

    Redacción Barbanza