O PP acusa ó goberno local de non preocuparse polos furanchos

    pp poio100.jpg POIO> O goberno local iniciou esta semana os trámites para pedir a súa inclusión no listado de concellos nos que a Xunta permitirá a apertura de furanchos.

    {flowplayer}images/salnes/pp_poio_por_furanchos.flv{/flowplayer} 
     
    Sen embargo, desde o PP aseguran que estas alegacións están fóra de prazo, non así a que eles presentaron o pasado 29 de marzo ante a Consellería de Presidencia.
     
    Os populares acusan ó executivo local de amosar pouco interese neste asunto e de intentar contentar tanto a hostaleiros e furancheiros, tratando de culpar á Xunta por non telos incluído no rexistro de concellos con actividade tradicional de furanchos.
     
    O portavoz popular lembra que xa en 2006, cando empezaron a xurdir os furanchos neste municipio, o PP presentou daquela unha moción pedindo a regulación destes establecementos, a través dunha ordenanza.
     
    Redacción Salnés