O PSOE di que os orzamentos son insolidarios e ineficaces

    fotomeijonlourocopia.jpgPONTEVEDRA> O PSdeG fixo esta mañá a súa valoración destes orzamentos para o 2012. O deputado socialista, Guillermo Meijón considera que non acudarán a saír da crise.

    {flowplayer}images/salnes/PSOEPresupostosEstado.flv{/flowplayer}

    O PSdeG de Pontevedra fixo esta mañá a súa valoración destes orzamentos para o 2012. Un valoración ben distinta a do partido popular.

    O deputado no socialista no Congreso, Guillermo Meijón definiu os presupostos como insolidarios e ineficaces. Tamén dixo que o seu partido prepara xa unha enmenda á totalidade.

    Valoración ben distinta á do partido popular, para Meijón trátase duns orzamentos que lonxe de procurar a saída da crise, afundirán máis o estado. Ademais para o socialista, a redución de 8000 millóns de euros no gasto social suporá dificultarlle moito as cousas a moitas familias.

    Tamén fixo referencia Meijón ás reducións no servizo público de emprego, na investigación e tamén, e a pesares de ser o ámbito que máis recibe en infraestruturas.

    Outra das reclamacións que fixo tamén Meijón foi referida á educación, concretamente á redución da partida destinada ás becas, recordándolle ós populares que se comprometeran a non facelo.

      E iso sen esquecer, a lei de dependencia, ou a axuda a vivenda. Amais das enmendas parciais o PSOE preprara xa unha enmenda á totalidade destes orzamentos para este ano.

    Redacción Salnés