Vilanova aposta por impulsar a conserva para crear emprego

    gonzalo_duran_vilanova100.jpg VILANOVA> O Concello mantén contactos coa Xunta e con ANFACO para estudar liñas de traballo comúns e aumentar a producción do sector conserveiro.

    {flowplayer}images/salnes/plan_apoio_conserva_salnes.flv{/flowplayer}
     
    O sector da conserva en Galicia produciu en 2006 945 millóns de euros, o que supón o 80 por cento da producción española, e nese mesmo ano deu emprego a 12 mil persoas. Son datos que figuran no plan estratéxico da conserva de Galicia 2007 – 2013 da Xunta. O documento, elaborado polo Intecmar, sinala tamén que a producción nas conserveiras do Salnés foi de 171 millóns de euros, o que supón o 12 por cento da producción galega.
     
    Con estes datos, o Concello de Vilanova quere sentarse despois de Semana Santa coa Consellería do Mar e con ANFACO para ver liñas comúns de traballo de cara a aumentar a producción deste sector, e de paso crear emprego. Segundo o plan da Xunta, a conserva galega véndese ben no estranxeiro e nos últimos anos aumentou o seu consumo e polo tanto a facturación.
     
    Entre as liñas de apoio, o Concello non descarta accións para permitir o traslado de conserveiras instaladas no casco urbano a un polígono, ou mesmo organizar cursos de formación destinados a este sector.
     
    Redacción Salnés