Emoción e lembranzas na entrega das Raia de Ouro 2012

raiasouro copia.jpg SANXENXO> O construtor naval Porfirio Álvarez e a exportadora de peixe Carmen Castiñeira foron os galardoados nesta XVIII Festa da Raia.

{flowplayer}images/salnes/RAIAS_OURO_2012.flv{/flowplayer}

Longas e esforzadas traxectorias profesionais que arrancaron, hai moitos anos, na vila sanxenxina de Portonovo. Son as características que comparten os dous persoeiros distinguidos este ano coas Raias de Ouro da Festa da Raia. A entrega destes galardóns puxo fin a unhas xornadas gastronómicas que este ano recuperaron a Semana Santa como data de celebración para aproveitar a apertura da tempada turística. Durante o acto de clausura, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, lembrou a traxectoria de Porfirio Lázaro e Carmen Castiñeira, os premiados, recordando algunha anécdota persoal.

Porfirio Lázaro comezou a súa traxectoria profesional en Portonovo alá polo ano 1939 como construtor naval. Emigrou logo a Brasil, para anos máis tarde volver á súa terra e seguir aquí a súa carreira. A emoción á hora de recoller o premio apenas lle permitiu dirixir unhas palabras ó público.

Carmen Castiñeiras, ‘A Vixa’, lembrou os seus comezos con tan só doce anos comercializando peixe na lonxa de Portonovo ata levantar unha empresa de exportación de produtos do mar. A empresaria recibiu tamén un recoñecemento da Confraría de pescadores.

Este acto de clausura contou tamén coa entrega doutros dous premios: os dos concursos de cociña da raia. Na categoría profesional a gañadora foi Ana Fontán, do restaurante Ardentía, co prato ‘raia en estado puro’, mentres que na amateur, foi Valentina Montes, coa súa ‘Pateliña con raia’ a clasificada no primeiro posto. Amais, esta edición da festa contou cunha nova concentración da Vespa Raiada, coa reunión na explanada do porto deportivo de motos e coches de época; e o primeiro Salón de Oportunidades da asociación de comerciantes Entretendas.

Redacción Salnés