Chega a Vilagarcía O Último Cowboy

    VILAGARCIA> O Último Cowboy é o título da obra teatral que se vai a representar este sábado no Auditorio Municipal de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/ptac_ultimo_cowboy.flv{/flowplayer}

    Teatro do Noroeste é a compañía encargada desta representación que trata da Europa de dúas velocidades, a través dunha metáfora entre os dous actantes en escea.

    Esta obra actual de Eduardo Alonso estará interpretada por Miguel Pernas e Luma Gómez. Eles serán os encargados de dar vida a dúas personaxes, inicialmente antagónicas, que crearán no espectador unha torrente de sentimentos contrapostos.

    A obra dura dúas horas que pasan moi de contado dado a intensidade do guión. Unha comedia de primeira liña que poderá ser vista a un prezo anticrise. Con esta obra, Teatro do Noroeste volve a recalar na capital arousá como fixo nos seus 25 anos de existencia ininterrompida. Tempo no que levan xa representadas tres ducias de espectáculos de autores clásicos e contemporáneos.

    Redacción Salnés