Detidos tres mozos como supostos autores de varios roubos con forza

    OBXETOScoipiaweb.jpg VILAGARCÍA> Un dos rapaces é menor de idade e os outros teñen 19 e 21 anos. Ó rexistralos atopáronselle obxectos roubados en diversos locais da vila.

    Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Vilagarcía veñen de deter a tres mozos, un menor de idade e os outros dous de 19 e 21 anos, como supostos autores de varios roubos con forza na localidade. Un dos últimos furtos corresponderá ó realizado nun local de hostalería do Centro Comercial Arousa na madrugada do pasado mércores. OS dous maiores de idade xa contan con antecedentes por delito contra o patrimonio e nos rexistros realizados os policías interviron unha importante cantidade de dispositivos electrónicos, desde ordenadores portátiles a impresoras, consolas ou videoxogos, así como dúas bicicletas, prendas de vestir, bebidas alcohólicas e refrescos.

    Parte destes obxectos xa foron recoñecidos por propietarios doutros establecementos comercias nos que entraran a roubas recentemente. Os detidos maiores de idade xa foron postos a disposición do Xulgados de Instrución número dous de Vilagarcía, mentres que o menor de idade quedou a disposición do Fiscal de Menores de Pontevedra.

    Redacción Salnés