Os cidadáns, protagonistas das Xornadas de Convivencia do PP

    realidaderodea copia.jpg PONTEVEDRA> Os populares da provincia falarán sobre os problemas da sociedade e escoitarán testemuñas de persoas afectadas pola crise.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_XUNTANZA_PP_180412.flv{/flowplayer}

    A situación obrígao. O paro, a recesión económica, axustes en sectores como a Educación e a Sanidade… Son temas que están á orde do día e que máis preocupan ós cidadáns. Por iso, o Partido Popular de Pontevedra decidiu centrar neles a terceira edición das súas xornadas de convivencia. Centrarse nos temas e nos cidadáns, porque eles serán, segundo os populares, os principais protagonistas. 

    As xornadas celebraranse entre este venres e sábado no centro vacacional da Lanzada, no Grove. Dividiranse en dúas partes. A primeira xornada, o venres, comezará ás cinco da tarde cunha reunión de traballo na que participarán tódolos alcaldes e voceiros do PP dos concellos pontevedreses. Eles encargaranse de poñer voz ós problemas que atinxen ós seus municipios. Problemas que o sábado os políticos reunidos na Lanzada poderán escoitar de boca das persoas que os padecen directamente.

    Esta sesión porá fin ás xornadas. A súa clausura correrá a cargo do presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, e o seu homólogo na provincia de Pontevedra, Rafael Louzán.

    Redacción Salnés