A estructura da Pousada de Meaño remátase no verán

    MEAÑO> As obras da Pousada de Meaño, situada no alto do lugar do Outeiro, en Covas, avanzan a bo ritmo. A evolución é tal que a súa estructura xa…

    {flowplayer}images/salnes/visita_louzan_pousada_covas_190412.flv{/flowplayer}

     … estará rematada neste verán. O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, ven de visitar estas instalacións acompañado do Alcalde de Meaño, Jorge Domínguez, e o arquitecto redactor da obra, Mario Crecente. Este edificio conta cunha superficie total de dous mil metros cadrados no que se ubicarán 24 habitacións, 21 delas dobres e tres suites adaptadas. Todo un establecemento de cinco estrelas dedicado ós clientes máis esixentes independentemente do seu grao de mobilidade.

    Este edificio estará perfectamente integrado na paisaxe grazas a súa estructura de bancais. Amais a característica principal deste Salinari, como se deu en chamar ó proxecto, será un gran barril que fará ás veces de entrada principal ó recinto, ó uso dos toneis característicos desta zona vitivinícola e con tradición de salga.

    Esta obra supón unha inversión de 10 millóns de euros; achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, e pola Deputación Pontevedresa, que inviste nesta actuación uns 2.750.000 euros dos dez millóns de euros.

    As previsións apuntan a que esta adega-hotel podería entrar estar adxudicada no 2013, cando a empresa encargada do proxecto poderá comezar a súa dotación para poñela en servicio canto antes. Xunto ca de Meaño, as outras tres Pousadas do Salnés tamén están ven avanzadas: as da Lanzada e Ribadumia están próximas o remate namentres que a da Armenteira, en Meis, atópase no 50 % da súa execución.

    Redacción Salnés