Un desfile de moda para amosar a oferta comercial de Ribadumia

DESFILERIBADUMIA copia.jpg RIBADUMIA> Máis de sesenta veciños farán de modelos nun evento organizado pola Asociación de Comerciantes. Tamén haberá música e humor.

{flowplayer}images/salnes/DESFILE_COMERCIANTES_RIBADUMIA_200412.flv{/flowplayer}

Máis de sesenta veciños de Ribadumia actuarán como modelos por un día para amosar as propostas en moda que ofrecen seis dos establecementos que integran a Asociación de Comerciantes. A idea, que levaba tempo roldando na cabeza dos organizadores, cobra agora vida e o certo é que esta a espertar unha gran expectación no municipio.

A dificultade e custe de organizar un evento de tales dimensións era o que freaba nun principio á Agrupación de Comerciantes. E é que a falta de subvencións nos tempos nos que estamos, segundo Ángel Lores, non axuda nada.

Nestes días os distintos comercios que participan apuran os ensaios cos modelos. Algúns máis doados que outros. Ademais dos seis locais de moda, tamén participarán perruquerías e outros establecementos asociados que se encargarán de adornar e acondicionar o Auditorio o día do desfile.

Os comercios participantes correrán con gran parte dos gastos do desfile, polo que para compensar, a organización vai cobrar unha entrada simbólica de dous euros, dos que unha parte se doarán á Asociación de discapacitados Esperanza Salnés. A cita, lembramos, o domingo 29 de abril ás seis da tarde no Auditorio de Ribadumia.

Redacción Salnés