Vázquez: ‘O Carmelitas é unha boa pedra de toque’

VILAGARCÍA> O Cortegada afronta o penúltimo encontro de fase regular no que será ademais a derradeira comparecencia das vilagarciáns ante a súa afección. O rival é o Carmelitas, unha boa pedra toque de cara a fase de ascenso que xogarán as de Pepe Vázquez no mes de maio.

{flowplayer}images/salnes/Cortegada_200412.flv{/flowplayer} 

A atención do Cortegada xa está posta na fase de ascenso. A data o 10 de maio. En catro días xogaranse con outros sete equipos dous billetes para a máxima categoría do baloncesto nacional. Entre medias quedan dous partidos de fase regular que para o único que servirán será para conformar o orde definitivo na clasificación de cada un dos grupos e tamén como preparación para a fase. A vindeira semana visitan o Arxil e esta reciben ó Carmelitas, sexto na táboa.

O Cortegada pode aspirar aínda a ser primeiro de grupo, aínda que para iso debería agardar os picazos nas últimas semanas tanto de Cáceres como de Bembibre. A posición final non preocupa demasiado ó técnico santiagués.

O que priorizan é a recuperación total das xogadoras que arrastran molestias e que acumulan maior cansancio. A vinte días para a fase, hai tempo dabondo para iso. 

A presencia do Cortegada na fase de ascenso colle por sorpresa a moitos, sobre todo á directiva. Era algo que non se planificara no inicio de temporada polo que xurden dúbidas se o club estaría disposto a volver a Liga Femenina un ano despois de ter renunciado a ela, claro está, sempre e cando se acade o ascenso deportivo.

Redacción Salnés