Piden 24 mil euros de indemnización para un boirense por agredir a un veciño

    xuizoagresioninsuacha100.jpgBOIRO> Un conflito veciñal pola colocación do alumeado acontecido hai cinco anos acabará finalmente no xulgado

    {flowplayer}barbanza/xuizoagresioninsuachan.flv{/flowplayer}

    A fiscalía solicita vinte e catro mil euros de indemnización para un veciño de Insuachán, na parroquia boirense de Macenda, por unha agresión acontecida en 2007. Os feitos desencadeáronse a raíz dun conflito veciñal pola colocación dunha farola que acabou cun dos implicados no hospital.

    O xuízo, por un delito de lesións, celebrarase este verán. O avogado da acusación solicita ademais da indemnización un ano de prisión.

    A intención de María Dolores é que finalice canto antes o proceso xudicial para poder pasar páxina dunha vez por todas. Agarda unha sentenza favorable para manter limpo o nome do seu marido, xa falecido.

    Redacción Barbanza