Piden dous anos de prisión para dous mozos acusados de tráfico de drogas

    acusados_trapicheo_zoo100.jpgPONTEVEDRA> Un suposto caso de ‘trapicheo’ de droga nas inmediacións da discoteca Zoo, de Portonovo, sentou no banco dos acusados …

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_trapicheo_zoo.flv{/flowplayer}

    … a dous mozos, Víctor Manuel G.C., de 23 anos, e Dositeo O.G., de 24.

    A Fiscalía considéraos culpables dun delicto contra a saúde pública por tráfico de drogas tóxicas que causan grave dano á saúde. Na vista oral celebrada na Audiencia Provincial de Pontevedra os acusados declararon que a droga que lles incautaran, 4 gramos de cocaína e algo máis dun gramo de éxtase, era para consumo propio e para compartir con outros tres amigos.

    Os feitos aconteceron o 22 de abril de 2011. Segundo relataron os acusados, esa madrugada acudiran con outros tres amigos á discoteca Zoo. Segundo testificaron cada un achegou uns 60 euros para que Víctor Manuel e Dositeo foran comprar a droga. Cando xa a tiñan, déronlle parte ós outros tres amigos, que foron consumila dentro da discoteca, versión que confirmou no xuízo Abel, un deses tres mozos. Isto contrasta co atestado redactado pola Garda Civil.

    Dous axentes, que vixiaban a zona de paisano aquela madrugada, aseguraron que Víctor estaba a vender a descoñecidos bolsiñas con algunha sustancia. Na detención in situ, a Garda Civil atopou no pantalón de Víctor Manuel once envoltorios con cocaína, cun valor no mercado ilícito duns 205 euros e tamén 80 euros en billetes pequenos. Os acusados dixeron que o diñeiro non o tiña todo Víctor, se non que parte o levaba Dositeo. A fiscal entende que ese diñeiro era froito da venda da droga, pero os acusados dixeron que era parte dos cartos que lles dera a familia para saír ese día.

    Segundo o relato da Fiscalía, no cuartel da Garda Civil atopouse na roupa interior de Víctor catro bolsiñas con éxtase, cun valor dun 67 euros. No xuízo, tanto os axentes da Garda Civil como os propios acusados, confirmaron que Dositeo non levaba enriba droga algunha no momento da detención. E que esta se produciu ó recoñecer que as substancias tamén eran súas.

    Os avogados da defensa pediron a absolución para os dous mozos. Pola súa banda, a Fiscalía pediu para, para cada un, dous anos e dez meses de prisión, máis unha multa de 700 euros. Unha rebaixa considerable, xa que no seu escrito inicial solicitaba catro anos e seis meses de prisión para cada un.

    Redacción Salnés