Vilanova acollerá o 9 de xuño un sorteo da Lotería Nacional

    loteria_vilanova100.jpg VILANOVA> Un anagrama da cara de Ramón María de Valle Inclán e o nome do Concello ilustran os décimos de Lotería Nacional para o sorteo do vindeiro 9 de xuño.

    {flowplayer}images/salnes/decimo_loteria_vilanova.flv{/flowplayer}
     
    Despois dun ano de xestión, o Concello e maila administración de lotería da vila, conseguiron esta pequena homenaxe, que se incluirá nos actos do décimo aniversario do Museo Valle Inclán.
     
    Pero ademais do décimo, Vilanova tamén acollerá o sorteo de Lotería Nacional do 9 de xuño. Será sobre a unha da tarde no pavillón de deportes municipal e será ademais emitido pola dúas de Televisión Española. Cos nenos de San Ildefonso estarán tamén oito rapaces de Vilanova.
     
    Os décimos dedicados a Valle e a Vilanova xa están á venda e custan 6 euros. O sorteo será público, previa invitación.
     
    Redacción Salnés