Arranca o primeiro proxecto de viticultura intelixente de España

    vinas_atlanticas_ptac100.jpgRIBADUMIA> Coidar as viñas coma antes pero coa axuda das novas tecnoloxías é o principal obxectivo do proxecto Life Viñas Atlánticas.

    {flowplayer}images/salnes/vinas_atlanticas_300412.flv{/flowplayer}

    Unha iniciativa na que colaboran a Deputación de Pontevedra e mailas cooperativas Condes de Albarei, Martín Códax e Paco&Lola.

    A partir de agora, os viticultores disporán das súas propias previsións meteorolóxicas e dun modelo matemático que lles axudará a previr pragas como a do mildiu.

    Do que xa se dispón é dunha rede de 13 estacións e máis de 70 sensores que miden a temperatura, a humidade das follas e outros parámetros que son validados por Meteogalicia.

    Tamén se desenvolveu un modelo matemático específico para a zona do Salnés, que establece o risco de mildiu. E por último creouse unha plataforma en internet onde os viticultores poderán introducir información e consultar tódolos datos.

    Trátase do primeiro proxecto de viticultura intelixente de España, no que se investiu preto dun millón de euros. Polo de pronto, o proxecto céntrase nos 400 viticultores das tres cooperativas colaboradoras. No mes de maio haberá sesións formativas en cada unha delas para que aprendan a usar a plataforma.

    A segunda parte do proxecto será aplicar métodos de cultivo sostible en determinadas parcelas de seguimento en cada unha das tres adegas. Os obxectivos acadados trasladaranse logo a 187 bodegas e a 6 denominacións de orixe.

    Redacción Salnés