O futbol brasileiro recalará por primeira vez na AF7

VILAGARCÍA> A organzación da Arousa Futbol 7 adiantou esta mañá varios detalles sobre a edición deste ano. O máis salientable, a presencia do futbol brasileiro, representado pola selección de Río de Janeiro. Tamén estarán, como non, o Barça e o Madrid.

{flowplayer}images/salnes/Af7_020512.flv{/flowplayer} 

A directiva da Asociación Deportiva Arousa Futbol 7 adiantou dettalles sobre a edición do torneo internacional alevín deste ano, que se celebrará do 8 ó 10 de xuño no campo da Lomba.

A gran novidade é a inclusión dun equipo brasileiro, por primeira vez na historia desta competición. Trátase da selección de Río de Janeiro, composta por xogadores de equipos como o Botafogo, Vasco de Gama, Fluminese ou Flamengo, entre outros. O futbol sudamericano substituirá ó asiático, xa que tras varias edicións contando con representantes xaponeses, desta volta as trabas económicas impedírono. 

A organización deu a coñecer a composición dos grupos. En cada un deles haberá un representante da previa e outro do futbol internacional. Así as cousas o Grupo A estará composto por Inter de Milán, Pabellón, Sevilla e Celta. No B estarán a selección de Río de Janeiro, Lalín, Depor e Atlético de Madrid; no C, París Saint Germain, Español, Victoria e Valencia; e no D, Oporto, Montañeros, Real Madrid e Futbol Club Barcelona. Deste xeito a Arousa Futbol 7 volve a asegurar un clásico entre Madrid e Barça que sería  un dos partidos retransmitidos por televisión a nivel nacional.

As semifinais e a final disputaranse por primeira vez pola mañá, na xornada do domingo, para evitar que coincidan co España-Italia da Eurocopa, que se celebra ese mesmo día pola tarde. A final quedará para as 13:00. Nos días previos xogaranse os partidos da fase de grupos e os cuartos de final, o venres de 09:15 a 20:45 e o sábado de 08:00 a 21:00.

Fora dos aspectos máis deportivos, a Asociación Arousa Futbol 7 presentou ó seu novo secretario Luís Rodríguez Vázquez. Asi mesmo quixeron apuntar que aínda non están pechados os prezos dos abonos e que o evento será presentado de xeito oficial en Vilagarcía o día 22 de maio, no Auditorio. Está por ver se se fai outra presentación en Madrid, ben na sé de Marca ou na Cidade do Futbol das Rozas.

Redacción Salnés