Vilagarcía aproba en seguridade cidadá cun ‘bo promedio’

    xuntaseguridade copia.jpg VILAGARCÍA> Así o asegurou o subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Bofill, tras incorporarse como membro á Xunta Local de Seguridade.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTA_SEGURIDADE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Vilagarcía aproba en seguridade cidadá e faino cun ‘bo promedio’. Así o asegurou o subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Bofill, despois de facer efectivo os eu cargo como novo membro da Xunta Local de Seguridade. Os delitos baixaron un 1,25 por cento con respecto ó ano pasado e os roubos un 7,75 por cento. É máis, só nos primeiros meses deste ano, os furtos con intimidación, forza e nos vehículos reducíronse más do 18 por cento. En canto á taxa de criminalidade, a capital da Arousa mantense uns 18 puntos por debaixo da media nacional.

    Outro dos temas que non estaban previstos e se colou na orde do día foi o dispositivo de seguridade que se montará este venres na cidade con motivo da celebración da Gala contra o Cancro da Orquestra Panorama.

    Nesta xunta de seguridade local tamén se colou a ordenanza que ven espertando unha gran polémica na cidade nos últimos días. A de circulación. Ó respecto o alcalde Tomás Fole apuntou que explicou ós membros da mesa aqueles detalles que máis controversia están a causar simplemente a nivel informativo. Ademais, desde Ravella planean dar unha nova lectura á normativa para revisala e que conte co maior consenso posible.

    Redacción Salnés