Maniféstanse no Grove os afectados polas preferentes

    O GROVE> Nova mobilización dos afectados polos productos bancarios considerados tóxicos; desta volta no Grove. No Concello Meco…

    {flowplayer}images/salnes/afectados_preferentes_grove.flv{/flowplayer}

    … cada día son máis os afectados: hai ducias de historias desesperadas por non poder contar cos seus cartos cando máis falla lle fan.

    De novo, os casos que oímos volven a ser dramáticos; só que agora van máis aló. Sabedores de que a súa entidade bancaria de sempre non lles vai a dar unha solución satisfactoria, reclaman o apoio dos políticos.

    Nesta empresa están apoiados polos afectados da Illa, que acudiron a esta mobilización para explicar os pormenores desta, para eles, estafa. Os afectados do Grove están en conversas cos da Illa de Arousa para ver se son quen de xuntar forzas nunha plataforma ben organizada como á da comarca do Morrazo. De novo, animan ós afectados a reclamar ó que é seu.

    Redacción Salnés