Tourís: ‘Esa finca non ten nada que ver con nós’

    pinardemazatouris copia.jpg PONTEVEDRA> O delegado da Xunta desvincúlase da denuncia feita polo BNG de Cambados por supostas irregularidades urbanísticas en Pinar da Maza.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_TOURIS_BNG_050512.flv{/flowplayer}

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, explicou que no ano 2008, el xunto a súa muller e un sobriño desta, decidiron crear unha empresa para xestionar a explotación de cinco hectáreas de viñedo que posúen, máis plantacións de kiwi e varios invernadoiros. Baixo o paraugas desta empresa, asinaron un contrato co propietario das oitenta mil hectáreas de terreo en Pinar da Maza que denuncia o Bloque, para explotar tres hectáreas e media de finca que lindan coa parcela en cuestión.

    En canto a tala de eucaliptos, piñeiros e sobreiras denunciada polo BNG, Tourís sostén que cando accederon a estas parcelas xa non había árbores, e o que solicitaron foi un permiso a Medio Rural para cambiar o tipo de cultivo. A partir de aí, o delegado asegura que solicitaron a pertinente licenza no concello, pagaron as taxas municipais e fixeron un estudo de impacto ambiental con informe favorable. No tocante ó informe urbanístico, Tourís asegura que non é preciso posto que as fincas son de uso agrario. Por tanto, o presunto delito urbanístico que apuntaba o BNG non existe. Pero tampouco, di Tourís, o patrimonial nin o medioambiental

    Segundo Tourís, esta denuncia só responde ó nerviosismo do Bloque Nacionalista Galego ante as enquisas de intención de voto e as vindeiras eleccións autonómicas, e en concreto acusa a Víctor Caamaño de ser unha marioneta da secretaria de organización do BNG Montse Prado. O nacionalista cambadés pola súa banda volveu remitir hoxe un comunicado ós medios de comunicación insistindo en que no Pinar de Maza houbo movementos de terras e esta actuación precisa de licenza municipal, ademais de que trasnformar unha zona forestal en plantación de albariño esixe unha modificación das normas subsidiarias do municipio que, di, non se realizou.

    Redacción Salnés