A CIG tilda de chapuza o convenio da conserva e trata de impugnalo

    fotorosacopia.jpgVILAGARCÍA> A CIG acusa a CCOO e UXT de aceptar un acordo que supón unha perda de dereitos e unha legalización da discriminación de xénero.

    {flowplayer}images/salnes/PreacordoConvenioConserva.flv{/flowplayer}

    O convenio colectivo para o sector da conserva volve a enfrontar ós sindicatos. Para a Cig trátase dunha chapuza que ademais se fixo ás súas costas, posto que Comisións Obreiras e UXT terían chegado a un acordo coa patronal, previo á sinatura do convenio o vindeiro día 11 de maio, acordo ó que se chegaría fora da mesa de negociación e sen contar co sindicato nacionalista.

    O resultado, segundo eles, é un convenio polo que se traballarán máis horas e cobrando menos cartos. A situación complícase aínda máis se falamos das mulleres.

    Isto débese, segundo Rosa Abuín, a que o convenio reflicte unha subida no salario, do 1,5 e o 1,3 por cento, moi por debaixo do da cifra do 2,4 por cento no que se sitúa o IPC, o que se traduciría na práctica nunha perda de poder adquisitivo. Ademais a xornada incrementaríase en oito horas anuais para o 2014 e por se fora pouco, dende a Cig amosan o seu asomo tamén pola flexibilidade horaria, na que se iría aínda máis lonxe que o propio goberno na reforma laboral, ó aprobar un 7 por cento, é dicir 120 horas anuais.

    Ademais disto, elementos coma a duración do convenio, por catro anos ou o tema do absentismo laboral. Ademais da cuestión da discriminación de xénero.

    Así as cousas, a Cig confía en que a xustiza lles dea a razón, e poder impugnar este convenio.

    Redacción Salnés