Oujo preside a nova xestora local do PP de Porto do Son

novaxestoraportodoson100.jpgPORTO DO SON> O Partido Popular continúa co seu proceso de renovación a nivel local. Diego Calvo presentou á nova xestora de Porto do Son.

{flowplayer}barbanza/novaxestoraportodoson.flv{/flowplayer}

O secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, e o secretario de organización do partido, Xosé Manuel Álvarez Campana, desprazáronse ata Porto do Son para presentar á nova xestora local, presidida polo alcalde, Luís Oujo. O

O obxectivo dea nova xestora, aprobada hai dous meses polo comité provincial, é dinamizar a política local e seguir no bo camiño iniciado coa recuperación do goberno sonense.

Precisamente o actual alcalde fixo un repaso polos logros acadados neste ano de goberno, entre os que destacan o punto limpo ou a aprobación inicial do PXOM.

Tamén destacou outros proxectos previstos como o plan para mancomunar o servizo de auga ou para dotar de saneamento a todo o municipio.

Redacción Barbanza