Deputación e concellos crean a Comisión da Volta a España

PONTEVEDRA> Esta mañá quedou constituída a Comisión da Volta Ciclista a España. Trátase dun grupo e traballo coordinado pola Deputación de Pontevedra e no que estarán representados os concellos que en agosto serán lugar de saída ou de chegada dalgunha etapa da Volta a España. Esta mañá celebrouse a primeira reunión.

{flowplayer}images/salnes/Volta_090512.flv{/flowplayer} 

Que o paso da Volta Ciclista a España pola provincia de Pontevedra sexa un éxito, continúa a ser obxectivo prioritario para a Deputación. O seu presidente Rafael Louzán, reuníuse esta mañá cos alcaldes dos concellos de Ponteareas, Sanxenxo, Cambados e Vilagarcía, unha xuntanza na que tamén estiveron técnicos de cada unha das institucións. O motivo, crear unha comisión que leve a cabo de xeito coordinado tódalas actuacións necesarias para ofrecer a mellor imaxe posible dos concellos durante os catro días que a caravana da Volta Ciclista a España pasará por Pontevedra no mes de agosto. 

O presidente provincial fixo saber que a Comisión reunirase dúas veces por mes ata agosto e que estará coordinada pola deputada delegada de deportes Begoña Estévez. Engadíu que a o percorrido das tres etapas, Ponteareas-Sanxenxo, Cambados-Pontevedra e Vilagarcía-Dumbría, está xa pechado, dende onte, de xeito definitivo.

Por noutra banda, a alcaldesa de Sanxenxo foi cuestionada polo final de etapa que se celebrará neste municipio, a priori un dos máis problemáticos, tendo en conta a gran actividade turística da localidade nesas datas.

Louzán engadíu que este ano mellorarase a información ós cidadáns sobre os lugares e as horas exactas do paso da Volta, para que a presencia de público sexa numerosa. Tamén comezarán a avaliar que estradas necesitan ser obxecto de melloras no seu pavimento.

Redacción Salnés