Un muro en ruínas enfronta a dúas familias en Vilanova

    murovilanova copia.jpg VILANOVA> A parte afectada polos continuos derrubes asegura que o último, esta mesma semana, lle desfixo un cortello.

    {flowplayer}images/salnes/protesta_muro_vilanova.flv{/flowplayer}

    Desesperado. Así se atopa Rodrigo Cores García, un veciño de Corón por mor da propiedade abandonada que ten ó lado da casa. Asegura que leva máis dun ano soportando pequenos derrubes do muro de separación de ambas fincas. O último aconteceu esta mesma semana e desfíxolle un cortello.

    Rodrigo Cores solicitou a presencia da Policía Local de Vilanova para que levante acta do sucedido con este último derrube. Ademais entrevistouse con alcalde Gonzalo Durán para comprobar se os propietarios da vivenda contan realmente con permiso municipal para executar o derrube. Eles aseguráronlle a Rodrigo que xa o tiñan solicitado no Concello e que a aprobación se estaba a demorar. Cores García comprobou en dependencias municipais que a solicitude a fixeran a raíz deste último incidente, extremo que confirmou o Concello a Canal Rías Baixas.

    A familia de Rodrigo Cores vive con temor a que un día destes o muro se veña a baixo de todo taponándolles a entrada á súa casa, ou que mesmo cause danos persoais. Este veciño espera que agora que airearon o caso nos medios de comunicación os propietarios se poñan mans á obra.

    Redacción Salnés