Xa hai gañadores do XX Certame Literario Xaime Isla Couto

xurado_xaime_isla100.jpgPOIO> O Consello Municipal de Cultura de Poio dedicou a sesión extraordinaria celebrada este martes a Xaime Isla Couto, …

{flowplayer}images/salnes/fallo_concurso_literario_poio.flv{/flowplayer}

… impulsor do premio literario que leva o seu nome e presidente de honra do xurado ata o seu falecemento.

Este ano o concurso acada a súa edición número 20. O xurado, formado polos representantes das asociacións culturais que integran o Consello deron a coñecer xa o nome dos gañadores. Desde o Concello de Poio apuntan que este ano a deliberación foi longa e destacan a calidade e orixinalidade das obras presentadas nas dúas modalidades do certame, relato e poesía.

O premio máis cuantioso, de 300 euros corresponde á categoría de 18 a 25 anos, e recaeu na obra poética presentada por Lucía Viéites, de San Martiño, e no relato escrito por Rosalía Pazos, de Campelo. O resto de categorías recibirán 70 euros e un lote de libros. Premio que recibirán en poesía Eva Torres, Alejandro Blanco, Nerea Oubiña, e Cristina Carballa.

Na modalidade de relato, escolléronse as obras presentadas por Carolina Amorín, Adrián Villar, Antía Vázquez e Cristina Carballa. Todos eles recibirán o premio no acto das Letras Galegas que se celebrará o 17 de maio ás cinco e media da tarde no Centro Cultural Xaime Isla Couto, de Raxó.

Desde o Concello de Poio lembran que o certame busca potenciar a creación literaria en galego entre a infancia e a mocidade do municipio. E destacan que nas vinte edicións do concurso xa se premiaron contos e poemas de máis de 300 nenos.

Redacción Salnés