A lista de concellos con tradición furancheira podería abrirse

    carmen_pardo100.jpgPONTEVEDRA> Así o indicou Carmen Pardo, secretaria xeral para o Turismo, departamento que traballa na elaboración do novo decreto que rexerá este tipo de establecementos.

    {flowplayer}images/salnes/carmen_pardo_furanchos.flv{/flowplayer}

    Na redacción tamén participan, baixo a coordinación de Presidencia, as consellerías de Medio Rural e Sanidade. A pasada semana tiveron unha reunión cos furancheiros para analizar as alegacións presentadas. Segundo explicou Pardo, a Xunta terá en conta unha directiva comunitaria de liberalización de servizos para decidir se abre ou non a lista.

    A Xunta espera ter antes do verán o texto definitivo do novo decreto polo que se rexerán os furanchos de Galicia. A secretaria xeral advertiu, de todos xeitos, que os furanchos deberán respetar a lei de Turismo e dedicarse só a vender o excedente de colleita.

    Redacción Salnés