Porto do Son estreará gardería no curso 2013-2014

novagarderiason100.jpgPORTO DO SON> A Conselleira de Traballo e Benestar anunciou a inversión de catrocentos mil euros para a construción dunha gardería no concello.

{flowplayer}barbanza/novagarderiason.flv{/flowplayer}

A visita realizada pola Conselleira de Traballo e Benestar ó concello de Porto do Son serviu para formalizar un investimento que o executivo local leva tempo demandando.

A gardería será unha realidade ó longo do próximo ano grazas á subvención autonómica de catrocentos mil euros. A escola infantil emprazarase na Casa do Mar, instalacións que a Conselleira tivo ocasión de visitar.

O alcalde, Luís Oujo, agradeceu que por fin se dote a Porto do Son deste servizo que vai facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e contribuír a fixar poboación no municipio.

Redacción Barbanza