Máis de catrocentas persoas se inscribiron xa na I Ruta BTTinto

btt copia.jpg RIBADUMIA> De seguir este ritmo, os organizadores calculan que de aquí ó 30 de maio -cando pecha o prazo para anotarse- o volume de participantes podería chegar a dobrarse e acadar os oitocentos. A competición será o 3 de xuño.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_BTTINTO_160512.flv{/flowplayer}

A falta de quince días para que remate o prazo de inscrición, a Ruta BTTinto de Ribadumia conta xa con catrocentas persoas inscritas. De seguir este ritmo, os organizadores calculan que de aquí ó trinta de maio o volume de participantes podería chegar a dobrarse e acadar os oitocentos. A cita será o tres de xuño, domingo, e a hora de saída as nove e media da mañá.

O deseño das rutas xa se pode consultar na web www.ribadumia.org. En total contan cunha lonxitude de corenta e sete quilómetros aínda que se marcaron saídas alternativas que reducen o percorrido a trinta e tres quilómetros. O motivo, que poidan participar tanto persoas que desexen levar un ritmo máis pausado e gozar dunha mañá de sendeirismo, como aqueles que queiran poñer a proba a súa forma física.

Desde o concello agardan que a cita conte con boa acollida e se poida chegar a convertes nunha ruta estable no calendario BTT de Galicia.

Esta non será a única cita ciclista que acollerá Ribadumia en breve. Antes, o 26 de maio, terá lugar a festa da bicicleta que a Deputación de Pontevedra está a celebrar polos concellos do Salnés polos que pasará este verán a Volta Ciclista a España.

Redacción Salnés