A Biblioteca de Vilagarcía lembra a Valentín Paz Andrade

paz_andrade100.jpgVILAGARCIA> A Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro acolle ata final de maio unha exposición dedicada a Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

{flowplayer}images/salnes/expo_valentin_paz_andrade.flv{/flowplayer}

A mostra inclúe publicacións do fondo da biblioteca nas que se recolle a súa vida e obra. Son 16 as obras que a biblioteca ten sobre este persoeiro, entre as escritas polo autor pontevedrés e as que escribieron sobre el outros estudiosos.

A exposición bibiográfica compleméntase co material enviado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a vida e o traballo deste autor. Son en total dez carteis nos que se conxuga a información gráfica coa escrita. Un texto é o fío condutor desta mostra a través de todos os paneis.

Redacción Salnés