A Xira Galega de Karting chega á comarca do Sar

    inauguracioncircuitokarting100.jpgPADRÓN> O director xeral de Xuventude inaugurou o circuíto da xira galega de karting que permanecerá aberto ata o domingo.

    {flowplayer}barbanza/inauguracioncircuitokarting.flv{/flowplayer}

    A xira galega de karting recalou na comarca do Sar grazas á unión dos concellos de Dodro, Padrón e Rois que decidiron organizar esta iniciativa de maneira conxunta. Así, coa colaboración da Xunta, Deputación e empresas patrocinadoras, fixeron posible que os seus veciños poidan desfrutar deste circuíto durante catro días. Circuíto que este xoves inauguraban os rexedores xunto co director xeral de xuventude, Ovidio Rodeiro, que tiveron ocasión de estrealo coa carreira inaugural.

    Valores educativos

    Ademais de ofertar unha alternativa de ocio para nenos e maiores, este circuíto ten unha vertente educativa que pretende fomentar a condución segura entre os pequenos.

    Os organizadores do evento agradeceron a colaboración das empresas patrocinadoras que, grazas ós seus descontos e promocións, facilitan o acceso ó circuíto a prezos moito máis reducidos do que é habitual.

    Redacción Barbanza