O éxito de ‘Vilaberta’ fai pensar nunha segunda edición

    vilaerta copia.jpg VILAGARCÍA> Zona Aberta conseguíu que as rúas da cidade estiveran o venres ateigadas de xente ata a media noite.

    {flowplayer}images/salnes/soadianto_VILABERTA.flv{/flowplayer}

    Este venres non fixo falta apurar o reloxo para facer as compras de última hora en Vilagarcía. As tendas non pechaban ata a media noite. En realidade noventa comercios, os participantes na campaña ‘Vilaberta’. Pero o espírito da iniciativa ía máis aló. O importante era chamar a atención dos vilagarciáns e animalos de cara ás festas de Santa Rita. E atractivos non faltaron: desfiles de modelos polas rúas, outras que nos ensinaban o último en lencería desde un escaparate… Para os máis cativos, pallasos. Para os amantes da música, un concerto mentres fan as súas compras… E por qué non, deporte ó aire libre ou pechar a velada brindando cun saboroso albariño.

    A estrea da campaña contou como mestres de cerimonia á presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, o alcalde da localidade, Tomás Fole, o deputado da Deputación de Pontevedra Jorge Domínguez e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, quen salientou o produtivo desta idea para experimentar novos horarios de apertura para o pequeno comercio.

    Desde Zona Aberta aseguran que é difícil cuantificar o aumento no volume de vendas que supuxo a iniciativa para os establecementos participantes. O que si teñen claro é que o obxectivo de ‘Vilaberta’: mobilizar ós cidadáns e conseguir animar a vida das rúas vilagarciás, conseguiuse e con creces. Tanto que xa pensan nunha nova edición.

    Redacción Salnés