Centos de persoas ateigan o mercado artesán de Santa Rita

    VILAGARCIA> Como antesala dos moitos mercados medievais e de época que en verán ateigan a xeografía galega, este ano de novo Vilagarcía…

    {flowplayer}images/salnes/mercado_santa_rita.flv{/flowplayer}

    … adiantouse ca celebración do mercado artesanal de Santa Rita. Ducias de artesás acudiron ata a capital arousá para amosar as súas creacións feitas a man. Vendedores de bixutería, de herbas e plantas mediciñais, ferreiros, alfareiros ou vendedores de productos milagre foron algúns dos que nos encontramos.

    En xeral as vendas foron frouxas, o que fai temer pola continuidade deste tipo de mercados; posto que é moi longo o percorrido que teñen que realizar desde os seus lugares de orixe para traernos estas novidades e as subvencións, os que as teñen, son moi escasas; co que só agardan que ó bo entender da clientela sexa quen de valorar, e pagar, o traballo manual e o tempo que leva detrás cada unha destas creacións.

    Redacción Salnés