Caamaño busca apoios para facerse coa dirección provincial do PSOE

    candidaturacaamanoribeira100.jpgRIBEIRA>candidato á dirección provincial do PSOE coruñés, Francisco Caamaño, presentou o seu programa ós socialistas de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/candidaturacaamanoribeira.flv{/flowplayer}

    Os militantes do PSOE de Ribeira arrouparon a Francisco Caamaño na presentación da súa candidatura a secretario provincial do PSOE na Coruña. O ex ministro e actual deputado no congreso expuxo os motivos que lle levaron a postularse para este cargo.

    O principal eixo do seu proxecto é a recuperación da confianza dos cidadáns a través dun novo xeito de facer política no que os grandes problemas globais estean no mesmo nivel ca os problemas cotiás.

    Tres candidaturas

    O congreso provincial para a elección do novo secretario celebrarase o vindeiro dous de xuño. Cento oitenta e tres delegados decidirán quen toma o relevo a Salvador Fernández Moreda.

    Ademais da candidatura de Caamaño, o deputado autonómico Xosé Manuel Lage e o alcalde das Pontes, Valentín González, pugnarán por facerse coa dirección provincial do PSOE.

    Redacción Barbanza