A sé do Gato Negro de Carril recibe unha nova achega para remodelación

    VILAGARCIA> O Centro Artístico e Deportivo Gato Negro de Carril recibiu esta fin de semana unha achega do ente provincial de 6.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/subvencion_gato_negro.flv{/flowplayer}

    Con esta nova subvención, a Asociación Carrilexa poderá seguir acondicionando as súas instalacións, de xeito, que poidan seguir albergando en condicións, as actividades culturais, deportivas e actos sociais dos que desfrutan a miúdo os vilagarciáns neste espazo; sita no número 278 da Avenida de Rosalía de Castro. A Presidenta da entidade, Lourdes Durán Pereira agradeceu esta axuda da Deputación Provincial, que foi xestionada polo goberno local.

    O Propio Alcalde Vilagarcián, Tomás Fole, xustificaba este gasto, en base á importante labor social que leva a cabo este colectivo. En concreto, Gato Negro solicitou esta última achega á Deputación, en base ó Plan de Acción Comunitaria do 2011, para repara o salón social; así como as paredes do oeste, instalando uns paneis antihumedais; levantando paredes interiores, instalando canaletas entre cámaras con tres arquetas de rexistro para evacuar filtracións, recebaron, estucaron e pintaron a parede.

    Redacción Salnés