Cursos prácticos para mellorala calidade de vida das mariscadoras

    fotomariscadorascopia.jpgPOIO> Trátase dunha iniciativa do concello para este colectivo que adoita sufrir doenzas crónicas derivadas, sobre todo, da postura na que teñen que traballar.

    {flowplayer}images/salnes/FormacionMariscadorasPoio.flv{/flowplayer}

    Entre as confrarías de San Telmo de Pontevedra e a de San Gregorio de Raxó, contan cun colectivo de mariscadoras de ó redor dunhas 350. 350 mulleres das que de media un dez por cento está de baixa. Na súa gran maioría a causa hai que buscala no seu traballo diario, a postura, a humidade ou a carga de peso fan que cervicais, costas e mans se acaben resentindo.

    Tamén destacou a concelleira o problema que supón para este colectivo o feito de que moitas enfermidades que sofren derivadas do seu traballo non estean recoñecidas para ter acceso a unha baixa laboral. Algo que agrava aínda máis a realidade destas mulleres. Con este proxecto, non se poderá rematar con estas doenzas pero si facelas máis levadeiras.

    Trátase dunha iniciativa pioneira que se pon en marcha despois de levar a cabo un importante traballo de campo, analizando in situ o traballo que levan a cabo as mariscadoras. E recollendo información a través delas, que son as que mellor poden explicar a súa situación.

    O programa ponse en marcha o mércores, cunha charla informativa que se celebrará na lonxa de Campelo ás oito da tarde. Comezarase por explicar algúns puntos importantes, entre eles, os relacionados coa postura máis adecuada para desenvolver a actividade. E despois da parte teórica chegará o momento das actividades físicas e a fisioterapia.

    Unha mellora do 85 por cento polo que dende logo, cando menos merece a pena intentalo.Non hai que esquecer que este colectivo móvese nun porcentaxe medio de traballadoras de baixa dun dez por cento. Cifras que pretenden poder reducir.

    Redacción Salnés