Multitudinaria XXXI Festa do Labrego de Vilariño

    festa_labregocopy.jpgCAMBADOS> Como cada ano, a organización repartiu chourizo, pan de millo e viño tinto de balde para tódolos asistentes.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_LABREGO_VILARINO.flv{/flowplayer}

    Centos de veciños participaron este domingo na XXXI Festa do Labrego de Vilariño, en Cambados. Coma de costume a celebración arrancou co tradicional Desfile de carros do país, carrozas, tractores e cabalos, todos eles perfectamente engalanados para a ocasión. Puntuais, ás once da mañá, comezou o seu percorrido por diferentes rúas da parroquia ata o campo das festas onde se honrou a figura do labrego e o seu traballo.

    Moitos dos que ata alí se achegaron xa non era a primeira vez que participaban nesta romaría. Aínda así, isto non impediu que todos quedaron abraiados ante o traballo que moitos dos participantes tiveron que facer para que todo estivera listo para o día.

    Tralo desfile, a misa campestre, foi a quenda da música. A primeira das actuacións estivo dedicada a Ernesto Abal, músico da parroquia que ata o seu falecemento, o ano pasado, pertencía tamén á comisión de festas.

    O que non faltou tampouco nesta romaría foi a comida. Como cada ano, os organizadores repartiron chourizo, pan de millo e viño tinto de balde ós que alí se atopaban. Algúns mesmo optaron por quedarse a comer.

    A música da orquestra Alkar puxo o broche final á XXXI Festa do Labrego de Vilariño.

    Redacción Salnés